¡Con moita festa en setembro!

6

O mes de agosto xa vai aló, pero @s galeg@s non baixamos nin o nivel nin a cantidade de eventos. Porqué se algo caracteriza á nosa xente son as gañas de festa.

Esta fin de semana tamén vai completiña polo que vamos a seleccionar algunhas das citas ás que poderedes acudir . Como sabemos que nos faltan moitas, agradecemos os vósos comentarios indicándonos máis festas no territorio galego.

3 1 2

4 5

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

San Roque Galego

Aquí vos deixamos máis datas dalgunhas festas en Galicia. As máis próximas veñen con influencias de San Roque. Sabemos que se nos quedan moitas seguramente. Así que non dubidedes en comentarnos máis lugares en festas proximamente…

11831794_1027053100673440_4624998666697105218_n  5820H1  1301H1

11870671_1026464697398947_271036205558322030_n 44H1 11870827_1026462260732524_5780520572857280153_n

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Fin de Semana Apostólico

Os vindeiros 24 e 25 de Xullo están marcados en Galicia pola festividade do Santiago Apóstolo. Aquí vos deixamos algúns dos moitos eventos e festas ós que podedes achegarvosa esta fin de semana… Como non; o Apóstolo en Compostela, o peche das festas grandes do Burgo, en Culleredo. Gastronomía de luxo en Ribeira coa Festa do Percebe, a Medieval da Coruña ou a Festa da Xouba en Rianxo son algúns dos reclamos importantes para disfrute do fin de semana.

Sabemos que hai moitos máis eventos de interese, por iso vos animamos a deixar constancia aquí de máis festas dos vindeiros días na nósa comunidade.

¡¡¡BOAS FESTAS A TOD@S!!!

Sin título   Fiestas-de-O-Burgo-2015

1420G1   3235G1   11101009_1014389795273104_5723842168179569425_n

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

DE FESTA EN FESTA

desembarco-vikingo-catoira--644x362

De sabido é que en Galicia hai unha gran abundancia de festas e eventos, que conservamos as nosas tradicións e que nos gusta disfrutar das festividades ó máximo.

Estamos nunhas datas nas que é tal a oferta de festas históricas, gastronómicas, concertos e festivales en tódolos rincóns de Galicia que nos costa decidirnos. Ás veces é imposible acudir a un evento por non perdernos outro. Ou simplemente non nos enteramos dalgunha festa ou concerto precisamente pola amplia alternativa dispoñible. Precisamente por este motivo, e tratando de aportar o noso graniño de area, dende promOfer Galicia iremos informando a través de novas entradas no noso blog de algúns eventos que estén próximos a celebrarse, por si pode axudarvos a decidirvos ou animarvos a disfrutar de algo tan grande como son as gañas de festa que temos a xente da Nosa Terra.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

A TVG FÍXOSE ECO DA ACTIVIDADE DE promOfer Galicia.

LOGO ÓPTIMO

A TVG fíxose eco da actividade de promOfer Galicia a través dunha nova emitida recentemente no telexornal. Defínennos coma un directorio empresas de Galicia creado para mellorar a visibilidade na rede das PEMES e dos profesionais autónomos galegos. Unha ferramenta que poden usar á sua medida para exponer os seus productos e servizos ademáis de contido promocional. Un claro canal de contacto directo cos usuarios que acceden gratuitamente a todo o contido.

“Hoxe é o día do consumidor, imos coñecer como os pequenos negocios galegos se adaptan aos tempos e melloran as súas plataformas on line. O comercio electrónico gaña terreo e hai que estar na rede para vender.

Promofergalicia é un directorio empresas, un espazo de encontro online que Susana e Pedro crearon pensando en mellorar a visibilidade na rede das pemes e dos profesionais autónomos.

Os empresarios poden publicar información e noticias relacionadas co seu negocio e tratar de sumar clientes a través de descontos, promocións e sorteos. Rexistrarse como usuario para acceder ás ofertas é de balde…Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

SIMPATIZANTES Y DETRACTORES DE LA PUBLICIDAD EN FACEBOOK

¿Es Facebook una burbuja que se está hinchando más allá de sus posibilidades? 

                BURBUJA

¿Quién no ha invertido unos eurillos en publicidad vía Facebook? seguramente que si tienes una fan page lo hayas hecho… y al terminar la campaña seguro que te has preguntado”¿ Y, qué retorno he tenido de usuarios interesados por mi producto, servicio?”…o lo que hayas promocionado.

Os dejamos un artículo sobre el mercado publicitario en Facebook.

Fuente

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

IMPOSICIÓNS DESLEAIS

comic_book_explosion_by_wolfehanson-d6qeryc

Decir que as comparacións son odiosas non é simplemente unha frase feita, ás veces pode ser unha realidade.

Hoxe queremos falar das plataformas de venta de cupóns desconto, coas que anticipamos, non nos sentimos identificados en absoluto. ¿E cal é o motivo?…Pois ben é certo que podemos encontrar uns descontos do máis chamativos e atractivos para o usuario pero temos que matizar que de entrada está pagando un producto ou servizo que aínda non disfrutou, nin vai a saber a calidade do mesmo ata o día en cuestión.

Agora poñámonos no caso da empresa: vai a conseguir unha morea de clientes, gañar moitos cartos, en fin, que a van sacar de pobre, pero… ¿esto é así realmente? … Para quen non o saiba, as empresas que deciden apostar por este tipo de venta colectiva deben acatar unhas normas, que dende o criterio do noso código ético traspasan a ilegalidade.

1- IMPOSICIÓN DE DESCONTO MÍNIMO: normalmente esíxenlle ás empresas poñer un desconto mínimo do 60%. É dicir que se vendo un producto de 10€ teño que ofertalo a 4€.

2- COMISIÓN POR CADA PRODUCTO QUE SE VENDE: por cada unidade que se vende, a plataforma vaise a levar unha comisión de un mínimo do 30%, que o máis habitual na maioría dos caso sexa do 50%. Seguindo co exemplo anterior; se vendín X unidades por 4€ cada unha, van a quedárseme con 2€ de cada unidade

3- EXCLUSIVIDADE PUBLICITARIA: esto ven a ser que a empresa non poderá publicitar as suas ofertas noutros lugares da rede implicando esto unha permanencia que soe ser de un ano de duración

*RESUMO: A empresa vendeu moooooitos productos; eso si, cada un costaba 10€ e tivo que vendelo por 2€. Diferencia= 8€ (esta é a cantidade que se queda en internet) … Os galeg@s a isto dámoslle un nome: “Traballar para o inglés”.

¿Considerades esto xusto?… Ahí queda outro dito moi galego: “Pan para hoxe, fame para mañán”

Nos desde logo non estamos de acordo con que se reventen os prezos do mercado. Cada cousa vale o que vale, e creemos que se deben ofertar productos e servizos sen ningún tipo de imposición, é decir; que a empresa decida con total liberdade que desconto aplicar se o que quere é poñer unha oferta.

En canto a comisións, ¿Qué é iso?… se a empresa paga por uns servizos publicitarios, por moi económicos que sexan, é lóxico que sexa a propia empresa quen cobre ó cliente íntegramente o valor da venta. E por outro lado o cliente pagar cando vaia disfrutar do servizo ou mercar o producto e non antes.

 

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

FELIZ ENTRADA 2015 !!!

10899781_864090306991177_1576155089_n

Brindemos e soñemos…

Por un novo ano cargado de retos e ilusións.

Por un novo mundo máis xusto e solidario.

Por un ano de armonía, saúde, prosperidade e benestar.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

PROS E CONTRAS DO NADAL

nadal2

Agora que se achegan unhas datas moi sinaladas gustaríanos poñer na balanza os pros e contras do Nadal (e non nos referimos ó tenista).

Sobra decir que a celebración do Nadal ten unhas raíces culturáis e históricas moi arraigadas á nosa terra. O caso é que non tod@s comulgan da mesma maneira ante estas festas.

A continuación vamos a clasificar as tres razóns principáis recabadas de xente do noso entorno, por un lado con afinidade ó Nadal e por outro detractores do mesmo:

POSICIÓN: SÍ AO NADAL

1- A XENTE É MÁIS “HUMANA”: é curioso pero parece ser que para os amantes destas festas, o Nadal produce unha especie de reacción positiva na xente que nos fai máis bondadosos. Quizáis deberamos celebralo todo o ano (é unha suxerencia)

2- XUNTANZA COA FAMILIA: certo e sabido é por tod@s que o Nadal, xunto cos enterros e as vodas, é un dos motivos que máis une as familias. Outra cousa é que éstas estén a gusto ou non con esta xuntanza.

3- OS REGALOS: neste apartado os máis privilexiados seguro que sexan @s nen@s. Moreas de artiluxios infantís que reciben tanto na Noiteboa coma o Día de Reis, que servirán para aumentar a pila de trastos na despensa da casa e para baleirar “un pouco máis” o peto dos pais.

POSICIÓN: NON AO NADAL

 1- HIPOCRESÍA POPULAR: hai unha opinión xeral entre os reticentes a celebrar estas festas que se basa na tendencia da xente en poñer a “careta” de “boa xente” e aparentar unha cortesía anormal implantada polo espírito navideño.

2- MENSAXES DE WHATSAPP: ¿Quen non recibiu algunha vez un destos mensaxes(ou un cento deles)? Aínda que para moitos son unha diversión estes peculiares mensaxes navideños, hai outros que opinan precisamente o contrario.

3- O DISCURSO DO REI: Unha noiteboa sen este discurso chamaría moito a atención. Este ano haberá novidades posto que o Monarca actual é moito máis xoven que o do ano pasado. En todo caso haberá que escoitalo para comprobar se no contido do discurso tamén se aprecian variacións e actualizacións .

Para non extender moito máis esta entrada, resumimos soamente tres características favorables e negativas do Nadal, aínda que é evidente que hai moitas máis. Se queredes contarnos algunha que se vos ocurra non dubidedes en expoñela a pe de páxina.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

CELEBREMOS O SAMAÍN

500x375-Samain-280x210

O Samaín é unha celebración de orixe Celta (Samhaín) que estivo moi presente en Galicia e posteriormente foi reconvertida polo Cristianismo a “Día de Todos os Santos”.

En canto as referencias Celtas sobre o Samaín, a súa festividade baseábase en facer reverencia e rendir culto aos séus ancestros baixo a súa relixión: O Druismo. Celebraban esta festa mediante un ritual no que os sacerdotes druidas se comunicaban cos seus antepasadaos co obxetivo de ser guiados cara a inmortalidade.

Finalizando a festa dos espíritos iniciábase un novo ano Celta

Coa evanxelización en Galicia a fináis do século II  a tradición Celta do Samaín desapareceu.

Foi un mestre de escola de Cedeira; Rafael López Loureiro o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar a fondo a pervivencia desta ancestral festividade. Así como analizar a costume das cabazas coas que se rendía culto á morte.

A día de hoxe a celebración do Samaín está recobrando gran forza e potencial en Galicia aliándose co Magosto pola coincidencia de datas estacionáis. En consecuencia está diminuindo a repercusión de Halloween; unha celebración que adoptamos de prestado e moi presente na sociedade norteamericana que pouco ten que ver coa nosa cultura.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario